Ir o contido principal

Medicina revisa os últimos progresos en endocrinoloxía pediátrica

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, inaugurará este venres 12 na Aula Castelao da Facultade de Medicina o XX Curso sobre Progresos en Endocrinoloxía Pediátrica que organizan a Unidades de Endocrinoloxía Pediátrica, Crecemento e Adolescencia e a Unidade de Gastroenteroloxía e Nutrición Pediátrica. Nesta xornada inaugural, que comezará ás 11.00 horas, participarán ademais o decano da Facultade, Juan Gestal, o xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e os organizadores da xuntanza os profesores Manuel Pombo Arias e Rosaura Leis Trabazo. Asistirán máis de cen pediatras procedentes na súa maioría de toda Galicia para tratar en formato de mesas redondas ou conferencias cuestións asociadas coa hipovitaminose D, a obesidade na infancia e adolescencia, actualización clínica na diagnose e tratamento das hipercolesterolemias familiares, trastornos menstruais na adolescencia, hiperandroxenismo, hipertirotropinemia, puberdade precoz e adiantada ou anomalías do pene no niño, entre outros asuntos. A reunión concluirá con dúas conferencias, sobre cribado neonatal ampliado das enfermidades conxénitas e sobre ‘Talla baixa: corenta años de experiencia’. Entre os conferenciantes destaca a presenza de Luis Fernando López-Canti, do Hospital Virgen de Valme de Sevilla; María Teresa Muñoz Calvo, do Hospital Universitario Niño Jesús de Madrid; Juan Manuel Fernández García, do Hospital Universitario San Cecilio de Granada; Juan Pedro López Siguero, do Hospital Materno Infantil de Málaga; e Sofía Quinteiro González, do Hospital Universitario Materno Infantil das Palmas de Gran Canaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2013.