Ir o contido principal

Méndez inaugura en Fonseca a exposición ‘Retratos con alegoría’

O Colexio de Fonseca albergará dende este xoves 11 e ata o 4 de maio a exposición ‘Retratos con alegoría’, deJ. Méndez. A inauguración será ás 20:00 horas no Salón Artesoado. Trátase dun proxecto de J. Méndez elaborado durante anos inspirado na iconografía do escritor renacentista Cesare Ripa sobre as virtudes, paixóns e vicios do ser humano desde a antiga Grecia. A partir dese decálogo para artistas, Méndez propón a corenta persoas que se identifiquen cunha das iconografías. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e permanecerá aberta de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20.30 horas de luns a sábado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2013.