Máis de mil profesionais asisten en Santiago ao IV Congreso Nacional da Sociedad Española de Cirugía Bucal
Máis de mil profesionais reuniranse a partir deste xoves 23 e ata o sábado 25 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia para asistir ao IV Congreso Nacional da Sociedad Española de Cirugía Bucal.
Entre o elenco de conferenciantes destaca a participación de Crispian Scully, científico do Instituto Eastman especialista en SIDA oral, e de Stephen Wallace e Hom Ly Wang, pioneiros na utilización de biomateriais substitutivos do óso e no deseño de novos implantes de titanio.
Os odontólogos, estomatólogos, cirurxáns bucais e maxilofaciais presentes intervirán tamén ao longo dos tres días en diversos talleres científicos e clínicos e en presentacións de novos produtos e biomateriais.
O congreso presídeo o profesor José María Suárez Quintanilla e no comité organizador participan a maior parte dos profesores da Facultade de Odontoloxía de Santiago de Compostela.