O ministro de Educación visita a USC
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, visitará este mércores 9 as instalacións do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), un dos integrantes da rede de centros singulares de investigación do Campus de Excelencia Internacional da USC.
O reitor Juan Casares recibirá ao ministro ás 13.15 horas nas propias instalacións do CIQUS, polo que realizarán un percorrido.