Ir o contido principal

O ministro de Xustiza imporalle ao profesor Enrique Gómez-Reino o título da Cruz Distinguida de 1ª Clase da Orde de San Raimundo de Peñafort

Será este mércores 26 nun acto ás 12.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, entregaralle este mércores 26 o título da Cruz Distinguida de 1ª Clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ao profesor da USC Enrique Gómez-Reino. Será nunha sesión que acollerá o Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 12.00 horas e na que tamén participará o reitor compostelán Juan Casares, a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya, e o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez Macho. Esta distinción premia os servizos prestados e a contribución ao desenvolvemento do Dereito e a Xurisprudencia entre funcionarios da administración de xustiza, profesionais deste ámbito ou autores de publicacións de carácter xurídico de relevante importancia, entre outros. Enrique Gómez-Reino O dereito das telecomunicación, do audiovisual e da competencia son os temas que centran as súas liñas de traballo no ámbito da investigación, para o que ten recibido axudas en convocatorias competitivas da Xunta de Galicia, do Ministerio de Educación e da Dirección Xeral de Ciencia e Tecnoloxía. É autor de preto dunha decena de libros e dunha vintena de capítulos e membro da Academia Española de Profesores de Dereito Administrativo e das asociacións ítalo-española, franco española e internacional de docentes neste eido do Dereito. Ademais forma parte da Asociación Española de Dereito Audiovisual, do European Public Law Center (Atenas), do Instituto Internacional de Estudos de Dereito do Estado (Brasil) ou da Asociación Iberoamericana de Dereito Administrativo, entre outros. Foi vogal do Tribunal de Defensa da Competencia e representante español no Comité de Defensa da Competencia da OCDE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2011.