Misa na memoria do compañeiro Pedro Sánchez Fernández
Este mércores 13 de xaneiro terá lugar ás 19.00 horas na Capela da Universidade (Tras Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur) unha misa na memoria de Pedro Sánchez Fernández, compañeiro que faleceu o pasado mes de decembro.
O Servizo de Xestión de Persoal, no que Pedro Sánchez Fernández desempeñou a xefatura do servizo, quere transmitir o agradecemento da súa familia polas mostras de apoio recibidas.