Ir o contido principal

Unha monografía do Servizo de Publicacións conmemora o tricentenario de David Hume en colaboración coa Universidade de Wyoming

A revista Télos editada polo Servizo de Publicacións da USC conmemora nun volume monográfico o tricentenario do nacemento de David Hume (1711-1776), o máis importante filósofo en lingua inglesa e un dos máis notables pensadores da filosofía occidental. A obra inclúe a tradución a castelán e edición crítica dos Diálogos sobre la Religión Natural (Dialogues concerning Natural Religion, editados postumamente en 1779) realizada polo profesor emérito da Universidade de Wyoming e grande autoridade internacional na figura de Hume, Carlos Mellizo.

A edición contra cunha introdución e bibliografía comentada, de autoría do catedrático da Universidade da Coruña José Luis Tasset, e cun epílogo da catedrática emérita da USC Esperanza Guisán. O volume presentarase nun xantar académico na Universidade de Wyoming o vindeiro 7 de xullo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2011.