Mostra na biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da educación sobre Díaz Pardo como ilustrador
Desde o martes 26 de abril ata o venres 13 de maio, a biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación da USC acolle unha exposición bibliográfica dedicada á figura de Isaac Díaz Pardo como ilustrador.
A mostra, que se poderá visitar na sala de lectura desta biblioteca en Campus Vida, complementa outra dedicada á figura e contextos vitais do creador compostelán que se inaugurou a semana pasada en Ciencias da Educación e na que se destaca o seu papel na loita polo Estatuto de Autonomía en Galicia e contra a violencia fascista, pasando polo exilio arxentino.