Ir o contido principal

Nova mostra fotográfica na Igrexa Universitaria, cos 'Espellismos' de Joan Fontcuberta

A exposición inaugúrase o martes, 5 de agosto, ás 12:30 horas

A Vicerreitoría de Cultura da USC inaugurará o vindeiro martes, 5 de agosto, ás 12:30 horas na Igrexa da Universidade a exposición de fotografía ‘Espellismos. Antolóxica de Joan Fontcuberta’, unha produción da Deputación da Coruña en colaboración coa Fundació Foto Colectania.
A mostra, que poderá ser visitada ata o 31 de agosto, está comisariada polo fotógrafo Xurxo Lobato, membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e director do Festival Olladas´08 no que se encadra esta produción que vén dar o relevo a ‘Miradas Emerxentes. Novos Fotógrafos Galegos’.
‘Espellismos’ é unha idea orixinal da Fundació Foto Colectania e Joan Fontcuberta, realizada a partir dos fondos da colección e de obras procedentes do propio fotógrafo. Vertébrase ao redor de dous grandes eixes da obra de Fontcuberta: a ficción e a natureza.
Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955) ten un extensísimo e rico currículo e un dos artistas cataláns de maior difusión internacional. Recibiu o Premio Nacional de Fotografía (1998) e a medalla David Octavius Hill da Fotografische Akademie GDL de Alemaña (1988) entre outras distincións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2008.