Ir o contido principal

Unha mostra sensibiliza contra os machismos e a violencia contra as mulleres desde a Biblioteca Intercentros

Pereiro, Repetto, Abelleira, Fraga e Méndez, na apertura da mostra na Biblioteca Intercentros
Pereiro, Repetto, Abelleira, Fraga e Méndez, na apertura da mostra na Biblioteca Intercentros
O vicerreitor Francisco Fraga e a delegada do reitor da USC para Igualdade, Marta Pereiro, abriron a exposición ‘Ilustracións contra o machismo’ nun acto no que tamén participou a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez
Lugo

A mostra ‘Ilustracións contra o machismo’ sensibiliza desde a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo a prol da erradicación deste tipo de comportamentos entre a mocidade e chama a erradicar calquera tipo de violencia contra as mulleres.

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a alcaldesa do Concello de Lugo, inauguraron este martes a secuencia de paneis informativos, nos que se replican condutas e comentarios que están xeneralizados entre a poboación, a pesar de responder a actitudes machistas.

A delegada do reitor da USC para Igualdade, Marta Pereiro, tamén participou no acto de apertura desta mostra, organizada desde a Área de Muller do Concello de Lugo e coa que se pretende facer visible, a través de imaxes de Feminista Ilustrada, as diferentes formas de violencia de xénero, ademais doutras situacións discriminatorias frecuentes.

O concelleiro de Xuventude do Concello de Lugo, Mauricio de Repetto, e a tamén edil do Concello de Lugo responsable da área de Asuntos Sociais, tamén participaron no acto de apertura da mostra.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2022.