Ir o contido principal

Cinco motivos para deixar de fumar

Cinco motivos para deixar de fumar
Cinco motivos para deixar de fumar
Cinco motivos para deixar de fumar

No Día Internacional do Cancro de Pulmón, a Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC quere lembrar que aínda que moitas persoas deixaron o tabaco nestes últimos anos hai un 25% da poboación que fuma diariamente. Apuntan ademais outro dato: en España case 60.000 persoas morren prematuramente cada ano por fumar; en Galicia, cada mes morren 300 por esta causa.

Para animar a deixar o hábito, este servizo universitario sinala cinco motivos básicos: a saúde, o diñeiro (un fumador dun paquete diario de tabaco pode aforrar en dez anos 15.000 euros), a familia e as amizades, o autocontrol, e o benestar psicolóxico e a satisfacción persoal.

Servizos da Unidade
A unidade de especialistas da USC ofrece varios tipos de tratamentos, realizados individualmente ou en grupo. Entre eles, o programa para deixar de fumar en poucas semanas e con pouco esforzo, o dirixido a persoas ás que lles preocupa o aumento de peso ao deixalo ou o destinado a quen teña graves problemas de saúde física causados polo consumo de tabaco e que precisan unha intervención intensiva, entre outros.

Ademais, a Unidade de Tabaquismo conta cun programa para deixar de fumar por correo que se pode seguir comodamente desde casa e outro para facelo por internet.

As persoas interesadas poden dirixirse á Unidade que dirixe o catedrático Elisardo Becoña a través dos teléfonos 881 813939 e 881 813861 ou a través do seu web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2023.