Nazario Martín León abordou no Foro CEA a situación da I+D en España
O catedrático de Química Orgánica da Universidade Complutense Nazario Martín León interveu este venres cunha conferencia no Foro CEA ‘A universidade do século XXI’. A intervención de Martín León levou por título ‘A I+D en España: unha perspectiva dende a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE)’ e desenvolverase na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados (CEA).
Na actualidade, Nazario Martín preside tanto a COSCE como a Real Sociedade España de Química e é director adxunto do Instituto IMDEA-Nanociencia da Comunidade de Madrid. Nesta sesión, intervirá como presentador e moderador o catedrático de Química Orgánica da USC Juan Granja Guillán.