Ir o contido principal

Nova NerdNite na cafetaría Quinart SCQ do CGAC

As orixes da lúa e a relación entre arte e medicina. Sobre estas dúas cuestións disertarán este mércores 18 ás 22:00 horas na cafetaría QUINART SCQ do CGAC (Rúa Ramón del Valle Inclán, 2) o profesor de Física da USC Salvador Bará Viñas e a profesora de Medicina Sofía Santos Pérez. Ao remate, as persoas asistentes poderán participar nunha sesión de observación nocturna do ceo nas terrazas do centro de arte. Esta é a primeira sesión do curso das NerdNites Compostela, unha orixinal proposta nacida hai anos en Estados Unidos á que se sumou esta cidade o pasado ano, por primeira vez en España. Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2013.