Nerea Casal e Carlos Rivas proclámanse campións do IV Torneo Social de Reis de Tenis da USC

Logo de sete días de competición Nerea Casal e Carlos Rivas acaban de proclamarse campións do IV Torneo Social de Reis de Tenis da USC nas modalidades sénior masculino e feminino e júnior nas mesmas dúas variantes. A competición buscou fomentar a práctica deste modalidade deportiva entre os diferentes usuarios do Servizo de Deportes da USC (federados, participantes das escolas deportivas e usuarios de práctica libre).
Promovida polo Servizo de Deportes e a Fundación USC Deportiva coa colaboración da tenda Punto de Partida e Cabreiroá, a competición contemplaba catro modalidades, júnior e sénior articuladas á súa vez en masculina e feminina que os dous tenistas monopolizaron. O subcampionato foi para Martín Santamarina e Carolina Donate, en sénior, e para Sergio Folguera e Rosalía Rey na categoría sénior.
Os promotores desta cuarta edición cualifican a competición como un rotundo éxito, por ser a que ten rexistrado un maior número de participantes, un total de 98. Na entrega de premios interviñeron o director do Servizo de Deportes da USC, Mariano García-Verdugo, e o xerente da Fundación USC-Deportiva, Óscar Hermida.