Ir o contido principal

Normalización Lingüística crea un servizo de asesoramento para lograr presentacións eficientes e de calidade

A través da web da USC pode accederse a este novo servizo
A través da web da USC pode accederse a este novo servizo
A nova ferramenta ofrece as claves para facer diapositivas para a USC, explicando as normas de deseño, redacción e posta en escena

Planificación, deseño, redacción e posta en escena son os principios básicos para elaborar presentacións eficientes e de calidade. Porén, os programas para levalas a cabo –Porwepoint, Keynote ou Impress- aínda que útiles, presentan dificultades no seu manexo á hora de levar a cabo as exposicións das diapositivas. Co obxecto de axudar a comunidade universitaria a mellorar as súas técnicas neste eido, o Servizo de Normalización Lingüística ven de poñer a súa disposición unha serie de recursos para a realización de presentacións modernas, comunicativas e de calidade. A nova ferramenta está dispoñible no enlace do servizo de normalización. A páxina explica os principios básicos para a creación de presentacións de calidade, de xeito que se ofrecen os fundamentos sobre a planificación, o deseño e a redacción deste novos textos. Ademais, dispóñense aspectos sobre a posta en escena, é dicir, que facer diante do auditorio con estas ferramentas e tamén sobre o coidado dos detalles de última hora cos que se pode enfrontar unha persoa e a súa solución. Así mesmo, tamén ofrécese á comunidade universitaria modelos, cun patrón creado polo Servizo de Normalización Lingüística para o programa Powepoint 2007 e 2010. Utilizalo vai facer que, por un lado, se automatice o proceso de creación de diapositivas e, polo outro, se obteña resultado axeitado para unha institución universitaria e para a transmisión técnica e científica. O novo servizo complétase cunha ferramenta de asesoramento de presentacións, coa que se pretende axudar aos membros da comunidade universitaria na creación de diapositivas correctas lingüisticamente e, sobre todo, dende o punto de vista comunicativo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.