Ir o contido principal

Novas actividades deportivas na Universidade de Santiago

A Área de Deportes da USC organiza dende este mes de febreiro unha nova programación, dando comezo ademais ao segundo cuadrimestre das escolas deportivas que van desde o día 23 ata o 20 de xuño, agás a Escola de Natación, que se adianta.
Por outra bada, a USC ten previsto realizar o sábado 28 unha nova ruta de sendeirismo de 25 quilómetros de Lires a Muxía, cun nivel de dificultade medio-alto.
Para máis información e inscricións os interesados poden acudir ás Oficinas da Área de Deportes, no primeiro andar da Piscina Universitaria, no teléfono 981563100 extensións 15070-15071-15072-15073-15076 ou no enderezo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2009.