Ir o contido principal

Nove equipos enfrontaranse este sábado coa palabra como arma

Arranca en Ciencias da Comunicación a Liga Interna de Debate da USC

Nove equipos de alumnos enfrontaranse este sábado 18 nunha competición coa que se estrea na USC a Liga Interna de Debate, tendo como tema a entrada de Turquía na Unión Europea. Nesta iniciativa, a celebrar entre as 10:00 e as 14:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación, participa alumnado procedente de Dereito, Ciencias Políticas, Filosofía, Psicoloxía, Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual, Filoloxía, Física, Medicina, Enxeñaría ou Historia entre outros. De entrada e gratuíta, na competición os equipos enfrontaranse dialecticamente en sucesivos debates defendendo posturas contrarias arredor dun tema que xa ten sido preparado con anterioridade. Do exame dos debates encargarase un xurado que integran ex alumnos da USC participantes en torneos nacionais de debate así como profesores da institución académica.

A actividade conta co respaldo da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, estando organizada pola Sociedade de Debate da USC (SODECO).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2010.