Novos éxitos en atletismo
A pasada fin de semana os e as atletas do club USC participaron con éxito en diversos campionatos. En Ferrol disputábase o galego nas categorías benxamín e alevín individual e nel Martín Darriba Crespo subía ao podio coa medalla de prata na proba de 2000 ML alevín e Claudia Fernández Couto Álvarez o facía nos 1000 ML co bronce. Por outra banda, a atleta Mireia Hidalgo Milla conseguiu en Zaragoza a marca mínima esixida para participar no Campionato de España individual do 30 de xuño e 1 de xullo en Castellón.