Novos resultados do equipo de natación da USC
O equipo de natación da USC participou o pasado sábado no XX Trofeo Cidade de Narón no que destacou a actuación de Martiño Rama, con ouro e record do trofeo en 100 libre, prata en 200 libre e mínima para participar no vindeiro campionato de España infantil na proba de 50 libre (na remuda 4*50 libre). Pola súa banda, Javier Freire conseguiu a mínima para participar no campionato galego absoluto en 50 costas, e baixaron marca considerablemente Iván Carril en 100 costas e Ana Cotos en 200 libre. O equipo estaba formado ademais por África Iglesias, Carlota Pazos, Antía García, Pablo Barcia, Mauricio Brusco, Brais Urceira e Antonio León.