Novos talentos da música ofrecen este luns en Lugo o noveno concerto do ciclo 'Músicas na Vidreira'
Piano, violín e clarinete soarán no concerto que un grupo de alumnos da Escola Oficial de Música Cantarela e do Centro Autorizado Profesional de Música Galén ofrecerán este luns 31 ás 14:00 horas na vidreira da Facultade de Veterinaria de Lugo dentro do ciclo ‘Músicas na vidreira’.
Marta Pérez-Batallón, Paula Monte, Daniela Lourenço e Lidia Mosquera interpretarán neste recital as pezas Intervención nº 4 en R menor de Bach, Sonata en Do Maior K545 de Mozart, Concerto para clarinete nº 1 de Weber, Sonatina nº 5 de Diabelli e a banda sonora de ‘Va Bank’.
O convenio Lugo Cultural puxo en marcha este ano académico o ciclo ‘Músicas na vidreira’ co obxectivo de servir de apoio aos novos intérpretes lugueses dándolles a oportunidade de actuar cos seus diferentes conservatorios ou agrupacións nun lugar destacado do campus lugués como é a vidreira de Veterinaria. O seguinte concerto deste ciclo ofrecerano o vindeiro 7 de xuño os alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.