Ir o contido principal

O número 8 da revista Quintana profunda no tema 'A voz de Galatea: imaxes sonoras'

De esquerda á dereita: Antonio Azaustre, director académico do Servicio de Publicacións da USC; Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación da Coruña; Juan Monterroso, decano da facultade de...
De esquerda á dereita: Antonio Azaustre, director académico do Servicio de Publicacións da USC; Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación da Coruña; Juan Monterroso, decano da facultade de...

A revista Quintana dedica o seu número 8 ao tema monográfico ‘A voz de Galatea: imaxes sonoras’. O novo volume presentouse este xoves na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia nun acto que contou coa participación do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; da directora da publicación, a catedrático Mª Luisa Sobrino, do decano da Facultade, Juan Monterroso; do director do Departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández Castiñeiras; e do director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre.
O aumento do número de colaboracións recibidas, tanto de universidades españolas como estranxeiras, xunto co progresivo incremento nas puntuacións acadadas nas principais bases de datos constitúen, en opinión da directora da publicación a profesora Mª Luisa Sobrino, a mellor proba de que a calidade e excelencia de Quintana transcende o ámbito estritamente local.
A visibilidade da palabra de Deus nas ilustracións do códice Amiatinus é a proposta sobre a que reflexiona Celia Chazelle na achega que abre este número. Xunto a ela, Luis de Moura decantouse pola cultura visual da duquesa de Aveiro e de Maqueda; José Manuel López Vázquez céntrase no ecos do mito de Galatea nas intencións de Goya ao pintar o retrato de don Manuel Osorio; Lily Litvak decántase polo transvase do xénero musical dos nocturnos á pintura e á literatura do século XIX; e rematando con Ángel Medina ao conectar as antigas concepcións sobre o poder revitalizador da música co potencial sonoro da vida nas investigación do compositor Johm Cage.
O carácter interdisciplinar mantense tamén na sección relativa ás colaboracións de tema libre, que neste número aborda a fortuna da figura de Circe na arte, a revisións dos datos coñecidos sobre o ciborio gótico da Catedral de Santiago ou unha reivindicación das achegas historiográficas e o concepto de transvisualidade do crítico Carl Eisntein, entre outros asuntos.
Polo que respecto ao apartado de Escritos sobre, este abre por vez primeira unha porta á reprodución e análise dunha obra musical, desta volta a través da carta escrita por Conrado del Campo a Víctor Said Armesto cos comentarios e partituras da ópera ‘La Flor del agua’. Completan o novo número as sesións de ‘Feitos e tendencias’ e ‘Reseñas’.
A revista Quintana, editada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, conta coa financiamento da Deputación da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.04.2010.