Ir o contido principal

O número de estudantes da USC inscritos en programas de mobilidade aumentou nun trinta por cento

Comezaron as probas de idiomas que servirán para seleccionalos

As probas de nivelación de idiomas para o estudantado da USC inscrito nos diferentes programas de mobilidade internacional deron comezo este luns, 1 de marzo. Este ano concorren a elas máis de 1.300 aspirantes, o que supón un incremento de máis de 300 con respecto a edicións anteriores en todos os centros, se ben nalgún deles a participación aumentou singularmente.
Ademais do clásico Erasmus, no que participan 1.200 estudantes, este ano máis de 40 gozarán de bolsas en Estados Unidos, Canadá ou Australia grazas ao novo programa de mobilidade de fala Inglesa. De igual modo, case 60 novos titulados e tituladas da USC están realizando prácticas en empresas europeas a través do Europracticum.
A crecente concorrencia aos programas de mobilidade responde a un compromiso dos diferentes centros pola internacionalización das súas aulas, xunto coas campañas de promoción lanzadas pola Vicerreitoría de Política Internacional como o novo portal USC internacional ou a celebración do ‘Internacional Day’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2010.