Ir o contido principal

O obradoiro creativo conmemorativo do Día do Libro 'Un libro por unha idea' cita máis de 100 participantes en Profesorado

Pomotores da iniciativa, diante do collage resultante do obradoiro 'Un libro por unha idea', en Formación do Profesorado
Pomotores da iniciativa, diante do collage resultante do obradoiro 'Un libro por unha idea', en Formación do Profesorado

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC conmemorará este xoves 21 e abril o Día do Libro coa celebración do obradoiro creativo ‘Un libro por unha idea’, unha actividade orientada á participación do estudantado universitario, pero aberto tamén á participación de calquera persoa interesada, que na que tomaron parte máis dun centenar de persoas.

Os participantes neste obradoiro promovido pola biblioteca universitaria da Facultade de Formación do Profesorado que dirixe Carmen Varela, en colaboración cos profesores Vicente Blanco Mosquera e Salvador Cidras, da área de Didáctica da Expresión Plástica, e Beatriz Fernández Herrero, da área de Filosofía e Moral, tiveron a ocasión de escoller un libro a cambio de reinventar un texto ou ilustración de 'El Quijote'. As distintas achegas feitas polos participantes ao longo de toda a duración do obradoiro posibilitou formar un collage coas diferentes interpretacións do texto cervantino que está exposto no vestíbulo da Facultade. A biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado achegou para o desenvolvemento desta actividade colaborativa e de achegamento ao mundo libro unha colección de 260 monografías que previamente foron descartadas do fondo da biblioteca e que agora son postas a dispor das persoas que se acheguen a participar nesta actividade creativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2016.