Ir o contido principal

Obradoiro práctico de dinámicas artísticas para o desenvolvemento do coñecemento

Obradoiro práctico de dinámicas artísticas para o desenvolvemento do coñecemento
Obradoiro práctico de dinámicas artísticas para o desenvolvemento do coñecemento

A Facultade de Ciencias da Educación celebra este martes 21 un obradoiro práctico de dinámicas artísticas para o desenvolvemento do coñecemento. Nel ensinaranse estratexias de xogo para motivar ás persoas na construción creativa e levaranse a cabo actividades para o adestramento cognitivo, a construción de ideas e a reflexión en equipo para a súa aplicación nas aulas. O obradoiro, que se desenvolverá na propia facultade (Campus Norte) en horario de tarde, correrá a cargo de Silvia Capelo Álvarez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2015.