Ir o contido principal

Obradoiro práctico sobre software musical como ferramenta didáctica

Obradoiro práctico sobre software musical como ferramenta didáctica
Obradoiro práctico sobre software musical como ferramenta didáctica

Do 12 ao 15 de xuño desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) un obradoiro práctico sobre software musical como ferramenta didáctica, enmarcado na programación de cursos de verán da USC. A matrícula pode formalizarse a través da web ata o próximo venres 2 de xuño.

O curso pretende mostrar as diferentes posibilidades que ofrecen programas específicos na creación e deseño de materiais didácticos e proporcionar coñecementos, a nivel usuario, que permitan aplicar editores de partituras como MuseScore e de audio como Audacity como actividade na práctica docente.

Impartido polo profesor da USC Martín Leranoz, experto en informática musical e as súas aplicacións pedagóxicas, o obradoiro diríxese fundamentalmente a mestres e estudantado de educación infantil, primaria e educación musical, docentes de música de ensino secundario, de ensinanzas artísticas e outros profesionais de diferentes ámbitos educativos relacionados coa música.

O obradoiro estrutúrase en catro sesións (catro horas por día) cunha metodoloxía activa alternando explicacións de contidos teóricos con realizacións de actividades prácticas individuais en cada computador.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2017.