Ir o contido principal

As obras do maratón fotográfico do Campus de Lugo chegan a Compostela

As obras do maratón fotográfico do Campus de Lugo chegan a Compostela, onde se poden visitar na Facultade de Filosofía
As obras do maratón fotográfico do Campus de Lugo chegan a Compostela, onde se poden visitar na Facultade de Filosofía

As obras participantes no XII Maratón Fotográfico que se organiza na cidade de Lugo chegan por primeira vez a Compostela. Trátase dunha actividade anual enmarcada no programa Lugo Cultural que pretende un maior achegamento entre a Universidade de Santiago de Compostela e a cidade da muralla.
O Maratón Fotográfico naceu como unha iniciativa aberta a calquera membro da comunidade universitaria ou persoas alleas a elas que asistían aos cursos da Aula de Fotografía do Campus de Lugo. Compoñen a mostra un total de 25 obras que se inscriben en varias categorías como ‘O Lugo rural’ ou ‘O mundo laboral’, entre as que se poden ver as premiadas.
A exposición, que se pode visitar na Facultade de Filosofía ata o 25 de febreiro, percorrerá outras dúas sedes no Campus de Santiago. Deste xeito, a Facultade de Ciencias da Comunicación acolleraa do 1 ao 15 de marzo e a Biblioteca Concepción Arenal do 13 ao 25 de abril.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2007.