Ir o contido principal

Odontoloxía celebra este sábado o seu acto de licenciatura

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este sábado, día 5, o acto de licenciatura de Odontoloxía da USC, que comezará ás 12:00 horas baixo a presidencia do vicerreitor da Comunidade universitaria e Compromiso social, José Manuel Mayán Santos.
Na cerimonia intervirá Gema Arias en representación dos novos licenciados, a quen lle seguirá o padriño da promoción, Juan Pérez Varela, e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, José María Fraga Bermúdez. Rematará o acto coa lectura do Xuramento Hipocrático e a recollida dos diplomas polos novos licenciados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2008.