A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan estudantes estranxeiros
A Oficina de Cursos Internacionais da USC coordina un programa de aloxamento en familias para o alumnado estranxeiro que vén a estudar a Compostela en distintos períodos ao longo de todo o ano.
Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. O programa consiste en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso, polo menos dúas semanas, e darlle a oportunidade de integrarse na vida familiar. O alumno disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía e a localización do aloxamento debe ser en Santiago cidade.
As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur. Santiago de Compostela no teléfono 881814497 ou no enderezo electrónico cursos.internacionales [at] usc.es (cursos[dot]internacionales[at]usc[dot]es)