A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC participa na primeira xuntanza da Comisión de Sostibilidade da Politécnica de Cataluña
A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación, participa este venres 11 en Barcelona na primeira xuntanza da Comisión de Sostibilidade da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC). A Comisión é un órgano consultivo encargado de velar pola sostibilidade da UPC a todos os niveis, así como supervisar e elaborar informes temáticos anuais sobre temas de sostibilidade co obxectivo xeral de propoñer novas alternativas.
A Comisión fórmana oito membros, catro deles en calidade de asesores externos. Entre estes últimos figura a directora da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, Dora Blanco, así como Montserrat Colldeforns, doutora en Economía pola London School of Economics; Ramon Carbonell Santacana, enxeñeiro industrial, conselleiro delegado de COPCISA e presidente de EOLICAT; e Marina Gay i Faura, enxeñeira de camiños e membro do GECDIS (Grupo de Enxeñaría Civil, Desenvolvemento e Sostibilidade) do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Cataluña.