Ir o contido principal

A Olimpíada Matemática Galega dispútase este venres na USC

A composición do equipo gañador darase a coñecer este mesmo venres ás 20:15 horas nun acto no que está prevista a participación do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez

Alumnos de Bacharelato de toda Galicia participan ao longo de todo este venres 15 nas probas da Olimpíada Matemática Galega, que se está a disputar na Facultade compostelá de Matemáticas. Esta competición corresponde á fase autonómica da XLVI Olimpíada Española, convocada anualmente pola Real Sociedade Matemática Española para o alumnado de Bacharelato.
As probas da sesión de clasificación consisten na resolución de tres problemas, nas que prima máis a capacidade e habilidade de razoar que a cantidade de coñecementos. Deste xeito seleccionarase ao equipo olímpico que presentará a Galicia na Fase Nacional, que este ano se disputa en Valladolid, do 25 ao 28 de marzo. A composición do equipo galego darase a coñecer este mesmo venres ás 20:15 horas nun acto no que está prevista a participación do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez.
Ademais, os que ocupen as seis primeiras fases na fase estatal representarán a España en competicións internacionais como a 51 International Mathematical Olympiad, a celebrar en Astana (República de Kazajstán) no mes de xullo, ou na XXV Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, en Paraguai no mes de setembro.
Na paxina web da Olimpíada Matemática Galega http://www.usc.es/olympia pódense ver as bases da presente convocatoria, detalles das pasadas edicións, resultados dos equipos galegos nas fases nacionais, así como unsalón da fama coas relación completa das persoas que gañaron nas 45 edicións anteriores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2010.