Ir o contido principal

As oportunidades do emprego público, a debate o martes 29 de outubro na Facultade de Dereito

Cartel da xornada
Cartel da xornada
A matrícula na xornada pode efectuarse de balde a través da Secretaría Virtual
Lugo, Santiago de Compostela

A Área de Orientación e Inserción Laboral da USC organiza conxuntamente coa Dirección General de Función Pública, a xornada ‘As oportunidades do emprego público’ que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito, o martes 29 de outubro, entre as 11:30 e as 13:00 horas. O obxectivo da xornada é dar a coñecer as diferentes posibilidades de traballo que ofrece a administración pública, neste caso a nivel estatal, dirixidas a titulados universitarios.

Javier Rueda Vázquez do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado, Antía García Fernández do Corpo Superior de Inspectores de Facenda, María Álvarez Alvar Fernández da Escala de Funcionarios da Administración Local con Habilitación de Carácter Nacional, e Ana Calvo Castro do Corpo Especial de Institucións Penitenciarias, son os relatores que conforman esta xornada cuxa inscrición pode formalizarse de balde a través da Secretaría Virtual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.