Óptica e Optometría, Enfermaría, Relacións Laborais e Formación do Profesorado completan a súa conversión en Facultades
A estrutura de estudos adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior supón, entre outras implicacións e de acordo coa modificación da LOU, a desaparición da distinción entre Facultades e Escolas Universitarias. Neste senso, a USC acaba de facer pública a resolución reitoral pola que se fai efectivo o cambio de denominación das escolas, convertidas agora en Facultades. Deste xeito e co informa favorables do Consello Galego de Universidades a proposta do Consello Social da USC, a resolución aprobada refírese ao cambio de denominación das escolas de Óptica e Optometría, Enfermaría, Relacións Laborais e Formación do Profesorado de EXB de Lugo, agora Facultades.