Óptica e Optometría rememora 30 anos de formación para unha atención primaria visual de calidade
O percorrido de 30 anos na formación de profesionais da óptica e da optometría cara a unha atención primaria visual de calidade foi o eixo sobre o que se desenvolveu o acto conmemorativo da festividade de Santa Otilia, patroa da Facultade de Óptica e Optometría. O vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri, presidiu a sesión na que a decana, María Jesús Giráldez, profundou no recoñecendo e agradecendo do centro aos ámbitos académico, profesional, industrial e da empresa. O acto serviu de conmemoración a tres décadas dedicadas a formar profesionais sanitarios de atención primaria visual e contou coa participación de Eduardo Eiroa, presidente del Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia.
Os profesores Jay Martin Enoch e Eva Yebra-Pimentel Vilar foron distinguidos pola súa contribución ao desenvolvemento, promoción e engrandecemento da titulación de Óptica e Optometría, xunto con Carlos Gómez-Reino Carnota e María Victoria Pérez Martín, os cales recibiron este recoñecemento a título póstumo. O acto serviu de marco para distinguir tamén a integrantes do estudantado egresado como Carlos Asorey Sánchez (recoñecemento a título póstumo), Perfecto González Collazo e Ramón Vizoso Río. Ademais, tamén foi recoñecido o alumando cos mellores expedientes.
A sesión rematou coa intervención de Julie-Anne Little, da European Qualifications Board do Diploma Europeo en Optometría (European Council of Optometry and Optics).