Organizan o primeiro Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero da USC
Dirixido unicamente ás mulleres que teñen unha idea ou proxecto empresarial e que precisen axuda para poñelo en práctica
O primeiro Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero celebrarase dende o 21 de outubro ao 8 de novembro no edificio Emprendia, dirixido unicamente ás mulleres que teñen unha idea ou proxecto empresarial e que precisen axuda para poñelo en práctica. Esta é unha iniciativa que promoven Woman Emprende e Uniemprende co obxectivo de apoiar o emprendemento feminino. O curso, cuxa matrícula é gratuíta e que terá unha duración de 32 horas, componse de sesións teóricas e prácticas, ademais de dúas titorías personalizadas por proxecto. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar na web de Uniemprende.