Ir o contido principal

Orizonia, o maior grupo turístico español, asinou un acordo co Máster universitario en Turismo urbano e xestión de empresas turísticas

Orizonia, o maior grupo turístico español, asinou un acordo co Máster universitario en Turismo urbano e xestión de empresas turísticas
Orizonia, o maior grupo turístico español, asinou un acordo co Máster universitario en Turismo urbano e xestión de empresas turísticas

Aproveitando as celebracións do Día Mundial do Turismo organizadas na USC polo seu Centro de Estudos e Investigacións Turísticas e o Máster de Turismo urbano e xestión de empresas turísticas, o grupo empresarial que lidera o turismo español, Orizonia, asinou un convenio para a realización de prácticas do alumnado do posgrao universitario. Na sinatura participaron o reitor Juan Casares e o director xeral de Recursos Humanos de Orizonia, Álvaro Vázquez, en presenza da coordinadora do máster, Concepción Varela Neira, e da técnica de recursos humanos do grupo, Carmen Ruiz. Cunha facturación en 2010 de máis de 2.500 millóns de euros, Orizonia conta con dous accionistas de referencia de gran solidez: o xestor global de activos alternativos The Carlyle Group, que administra un portfolio global de compañías que factura 60.000 millóns e emprega 400.000 persoas, e Vista Capital, a sociedade de capital risco do Banco de Santander. Orizonia está presente en 22 países e conta cunha sede central en Palma de Mallorca e catro subsedes en Madrid, Barcelona, Lisboa e Tenerife. As súas diferentes divisións dispoñen de arredor de 1.000 oficinas espalladas polo territorio nacional e polos distintos destinos de Ámerica, Europa e África, o que incrementa as posibilidades xeográficas do estudantado da USC para realizeren prácticas.

Nestes derradeiros anos, e pese á conxuntura económica adversa, a facturación e cifra de clientes do grupo mantense cunha evolución positiva. Unha oferta ampla e completa, de grande calidade, a prezos competitivos e coas máximas garantías completan unha estratexia única no sector no que anualmente confían mais de oito millóns de clientes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2011.