Tres ouros, cinco pratas e cinco bronces para o equipo de natación da USC
O equipo de natación da Universidade de Santiago tivo unha moi brillante actuación no Campionato Galego de Natación Master de Inverno que se celebrou o pasado domingo en Pontevedra. O club acadou a prata en 4x50 libre mixto +160 e o bronce en 4x50 estilos +120. Ademais, David López fíxose co ouro en 100 braza e co bronce en 100 bolboreta; Rita Cacabelos acadou o ouro en 100 estilos; Luisa Fernanda Castillo tamén ouro en 100 bolboreta e bronce en 100 estilos. No mesmo campionato, Paloma Herbello conseguiu a prata en 100 braza e en 200 libre; Pablo Cabanelas prata en 100 bolboreta; Ernesto Smyth prata en 50 bolboreta e bronce en 50 libre; e Jorge Mira bronce en 50 libre. Así mesmo, fixéronse con cuartos postos Jorge Mira en 200 libre, Pablo Cabanelas en 100 estilos, Pablo Castro en 50 bolboreta e Carmela Rey en 50 costas.