Os pactos sucesorios, a análise este venres na Facultade de Dereito
O grupo de investigación De Conflictu Legum da Universidade de Santiago organiza este venres na Facultade de Dereito unha xornada sobre pactos sucesorios na que analizarán tanto os aspectos internos como os internacionais. A xornada, a desenvolver no Salón de Graos, comezará ás 10.00 horas co primeiro bloque da mañá dedicado ao Dereito Civil e no que participarán docentes das universidades compostelá, Pompeu Fabra e Palmas de Gran Canaria. En concreto, tratarán os pactos sucesorios de atribución particular no Código civil catalán e no ámbito do artigo 1271.2 do español, as cargas e finalidades determinantes na nova regulación en Cataluña e, por último, os pactos sociais con transcendencia sucesoria. Xa no bloque de Internacional privado da tarde os expertos e expertas analizarán a Proposta de Regulamento sobre Sucesións, os modelos comparados de determinación da lei aplicable aos pactos sucesorios con atención ao favor validitatis e os retos do lexislador estatal ante os pactos sucesorios interrexionais.