O papel dos concellos nas políticas de igualdade, a debate na Casa de Europa
O Seminario Muller e Universidade (SMU) da USC inaugura este mércores 26 as actividades para este curso do seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Nesta ocasión, ás 17:00 horas na Casa de Europa (Finca Vista Alegre) a concelleira de Benestar Social e Muller de Santiago, Mar Martín García, falará do papel dos concellos nas políticas de igualdade.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai seis anos na visibilización das mulleres en todos os campos da ciencia e a tecnoloxía.