O Paraninfo abre as súas portas á segunda conferencia do ciclo dedicado á era romántica do Museo do Prado
O Paraninfo da Universidade abrirá as súas portas este xoves 8 ás 20.00 horas á segunda sesión do ciclo organizado polas fundacións de Amigos del Museo del Prado e a Barrié de la Maza e no que se profunda na era romántica do Museo do Prado. Nesta ocasión, a xefa do Departamento de Pintura do século XVIII e Goya do Museo do Prado, Manuela B. Mena Marqués, ofreza a conferencia ‘Goya cara o romanticismo’. A conferenciante foi conservadora de debuxos e estampas e subdirectora das áreas de conservación, investigación e restauración do Prado entre 1981 e 1996. Ademais é vocal da Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación de Obras de Interese Histórico do Ministerio de Cultura e vocal do Corpo de Facultativo de Conservadores de Museos do Real Padroado do Museo do Prado, ademais de miembro del ICOM, do Comité Científico do Museo Goya de Castres (Francia) desde 1981 e membro de honra da Hispanic Society de Nova York. Posúe diversas condecoracións e galardóns entre as que se atopa a Medalla de Prata ao Mérito ás Belas Artes do Ministerio de Cultura. O ciclo é unha iniciativa xa afianzada no tempo e con vocación de futuro, que ofrece aos investigadores e persoas interesadas a oportunidade de coñecer de primeira man a especialistas en conservación e historia da arte de primeira liña internacional. Nesta quenda, o ciclo chega por vez primeira a Santiago para relacionar estreitamente a arte romántica realizada dentro e fóra de España e profundar en todos os debates estéticos, artísticos, culturais e sociais que xurdiron durante a era romántica.