Ir o contido principal

O Paraninfo da Universidade abre unha fiestra á cultura xaponesa

O Paraninfo da Universidade abre unha fiestra á cultura xaponesa
O Paraninfo da Universidade abre unha fiestra á cultura xaponesa
Este xoves 15 pola tarde acolle o Japan Day

O Japan Day achegará á comunidade universitaria unha mostra das particularidades da cultura xaponesa a través dunha xornada gratuíta que inclúe demostracións de arte floral, artes marciais e música tradicional. Este xoves 15, a sesión está aberta ao público ata completar o aforo.

O programa de actos comezará ás 16.30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, coa celebración dunha mesa de debate na que participarán o coordinador de Cultura e Educación da Embaixada de Xapón, Gonzalo Domínguez Martínez, e o responsable da Oficina de Relacións Exteriores da USC, Enrique López Veloso, xunto a persoal e estudantes da Facultade de Turismo na Universidade de Wakayama e alumnado da USC que ten realizado intercambio en centros xaponeses.

A partir das 18.00 horas os asistentes poderán asistir a unha mostra de arte floral Ikebana e dende as 19.00 horas a unha representación de arte marcial xaponés antigo Bujinkan Dojo e varias técnicas Ninja para rematar, a partir das 20.00 horas, cun concerto de frauta xaponesa Shakuhachi.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2015.