Ir o contido principal

Parlamentarias galegas dos tres grupos debaten o luns na Casa de Europa sobre as políticas de igualdade

Nunha nova sesión do Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC reunirá o luns, día 4, no seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas a tres parlamentarias galegas para debater sobre a necesidade de políticas de igualdade dirixidas a universitarias que, como indican diversos estudos, afirman que “os tempos de discriminación xa pasaron”.
Ao debate, que se celebrará ás 17:00 horas na Casa Europa da USC (Parque Vista Alegre. Rúa Salvadas s/n), asisten Susana López, do Partido Popular; a vicepresidenta primeira do Parlamento, María Tareixa Paz Franco, polo BNG; e Laura Seara polo PSOE.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos, na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2007.