Pecha o prazo de inscrición para o último curso do ciclo formativo Teateatre
O venres pechará o prazo para inscribirse no último curso da terceira edición do programa Teateatre, organizado conxuntamente pola Vicerreitoría de Cultura da USC, o Concello de Lugo, a Escola de Arte e Lecer de Fingoi e a Xunta de Galicia. As distintas accións formativas están coordinadas por Palimoco Teatro coa colaboración de FEGATEA.
Esta actividade estará a cargo de Suso Díaz, director de la Imagina Machina e actor do grupo Sarabela Teatro, que falará de traballos de improvisación.
Os interesados en asistir poden inscribirse chamando ao teléfono 982 285 900 coa extensión 21513, en horario de 9:00 a 14:00 horas.