Ir o contido principal

Pecha o prazo para solicitar a bolsa para a dinamización da actividade fotográfica e a xestión dos laboratorios do Campus de Lugo

A Vicerreitoría de Cultura pecha este mércores 13 o prazo de solicitude para a bolsa de colaboración destinada á dinamización e o desenvolvemento da actividade fotográfica no Campus de Lugo, que consistirá no subsidio da formación dun estudante que se ocupará da xestión dos laboratorios de fotografía existentes no campus e das actividades relacionadas con esta especialidade que se organicen.
Esta bolsa, que está dotada de 240 euros ao mes, será efectiva entre os meses de marzo e xuño. Está dirixida a estudantes de calquera dos tres ciclos que non perciban xa outra remuneración da USC. Será obrigado contar con coñecementos básicos de fotografía dixital (programas e manexo de macs) e analóxico (revelado).
O bolseiro seleccionado terá como ámbito de traballo o laboratorio de fotografía analóxico da Facultade de Veterinaria, o laboratorio dixital da Escola de Formación do Profesorado, o da Residencia Universitaria Bal y Gay e a oficina de Cultura.
A solicitude pode facerse efectiva na oficina de Cultura do campus lugués, situada no segundo andar o número 3 da praza Pío XII. Os interesados deberán indicar os seus datos académicos, así como un proxecto de dinamización da actividade fotográfica, que deberá incluír a dedicación horaria e un orzamento en caso de necesitarse investimento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2008.