O pianista vigués Juan Ignacio Martínez Pardo conmemora no Paraninfo o bicentenario do nacemento de Franz Liszt
Con motivo do segundo centenario do nacemento do compositor e pianista húngaro Franz Liszt, a Universidade de Santiago de Compostela organiza coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña un ciclo de concertos baixo o título ‘Franz Liszt, o peregrino’. Este martes o recital correspóndelle ao pianista vigués Juan Ignacio Martínez Pardo, logo de que a semana pasada interviñese Antonio Queija Uz. Juan Ignacio Martínez Pardo interpretará ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade as pezas Nuages gris; Années de pèlerinage, Deuxième année, Italie: nº 4 Sonetto 47 del Petrarca; Années de pèlerinage, Première année, Suisse: nº 9 Les cloches de Genève; Années de pèlerinage, Première année, Suisse: nº 6 Vallée d'Obermann; Harmonies poétiques et religieuses: nº 2 Ave Maria; Années de pèlerinage, Deuxième année, Italie: nº 1 Sposalizio; Soirées de Vienne: nº 6 (Valse-caprice d’a près Schubert); e Études d’exécution transcendente: nº 11 Harmonies du soir.
O ciclo rematará o martes 22 de novembro coa pianista xaponesa Haruna Takebe cun programa que, baixo o título ‘Reminiscencias de Franz Liszt’, inclúe tanto obras propias de Liszt como pezas nas que o intérprete húngaro revisou obras de Donizetti, Schubert, Chopin e Wagner.