Ir o contido principal

A Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC presenta o seu máster propio en Lugo

Trátase do único en España con esta formación específica

A Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo acollerá este mércores 25, ás 11:30 horas, a presentación do Máster propio en Enxeñaría da Madeira Estrutural na súa edición para o curso 2011/12, único posgrao en España que oferta esta formación específica e especializada. O acto servirá tamén para coñecer a actividade da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC (Pemade), fundada en 2008 como estrutura da USC e con sede na EPS. Participan no acto o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o director do Máster, Manuel Guaita Fernández; o director da EPS, Javier Bueno; e o xerente do Clúster da Madeira de Galicia, que a continuación ofrecerá unha charla sobre os retos e oportunidades do sector da madeira.

Ao remate da presentación e da charla, ás 12:30 horas, haberá unha visita guiada ao Laboratorio de Enxeñaría de Estruturas da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC (Pemade), que posúe un equipamento único en España con estas capacidades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2011.