Varios podios e un novo récord galego para a USC
A atleta da USC María Esther Pedrosa Carrete continúa a colleitar éxito nas pistas de atletismo. Nesta ocasión foi nas pistas de Riazor, onde a pasada fin de semana se fixo co ouro na proba de 3.000 metros lisos á vez que conseguiu un novo récord galego da categoría.
Nese mesmo campionato outro atleta da USC, Luis Manuel Eyre Vázquez, quedou campión galego M60 de salto de altura e en triplo salto e José Manuel Mayán Santos acabou primeiro na categoría M65 en salto de lonxitude e segundo en 50 metros lisos. Por último, o atleta Alfonso López Menduiña resultou campión galego en 8.000 metros lisos na categoría M35 e cuarto clasificado nos 1.500.
Cross
Por outra banda, diversos atletas do club deportivo da USC participaron no Campionato Galego Cadete, Xuvenil e de Cross Corto Absoluto e por clubs e no Memorial Alejandro Lorenzo de Categorías Menores onde Lucía Suárez Crespo quedou terceira clasificada e Martín Darriba Crespo cuarto clasificado.