O poeta Carlos Martí Brenes visita Humanidades convidado pola Cátedra de Cultura Cubana da USC
Carlos Martí Brenes, recoñecido poeta cubano, impartirá este xoves 15, ás 12.00 horas na Facultade de Humanidades de Lugo, unha conferencia sobre a vida e obra de José Martí. A súa visita organízaa a cátedra de cultura cubana Alejo Carpentier da USC Carlos Martí (La Habana, 1950) obtivo o premio de poesía no concurso da Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba –que el mesmo dirixiu despois- con El hombre que somos. Presidente nacional da Brigada Hermanos Saíz entre 1984 e 1986, foi ademais director de Literatura do Ministerio de Cultura (1982-1986) e membro da Comisión de Literatura do Instituto Cubano do Libro e da Comisión permanente do Seminario Xuvenil de Estudos Martianos. Colaborou en importantes publicacións cubanas entre as que poden citarse Suplemento Literario de Revolución y Cultura, La Gaceta de Cuba, El Caimán Barbudo e con institucións como a Casa das Américas, a Universidade de La Habana e a Editorial Letras Cubanas. Entre as súas publicacións destacan En las manos nuestras (1979), A finales de siglo (1987), Te llamaré Logor (1995), En un abrir y cerrar de siglo (1998), Aquí la sombra es la luz (2000) e El imán de la memoria: sincronismos de la identidad gallego-cubana (2008).