Ir o contido principal

A política marítima e a inmigración na UE, a análise nunhas xornadas en Dereito

A política marítima e a inmigración na UE, a análise nunhas xornadas en Dereito
A política marítima e a inmigración na UE, a análise nunhas xornadas en Dereito
A inscrición, gratuíta, está aínda aberta

A facultade de Dereito acollerá os vindeiros días 19 e 20 de novembro as xornadas ‘Política marítima europea e fenómenos migratorios: pesca, desenvolvemento sostible e migracións’, dirixidas principalmente a alumnado do Máster de Estudos Internacionais e dos graos en Dereito, Ciencias Políticas e Ciencias da Comunicación.

O encontro desenvolverase en dúas sesións. Unha primeira, que comezará o xoves 19 ás 16.15 horas, sobre os novos obxectivos de desenvolvemento sostible e a política pesqueira da UE na que intervirán con relatorios os docentes de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais Miguel Arenas Meza, da USC, e Teresa Fajardo del Castillo, da Universidade de Granada. Eles mesmos participarán a continuación nunha mesa redonda na que tamén intervirá o profesor da USC Carlos Teijo García.

A segunda sesión desenvolverase o venres baixo o epígrafe ‘Espazos mariños, migración e Unión Europea’ e nela a profesora da Universidade de La Rioja Mariola Urrea Corres falará da inmigración ilegal por vía marítima . Pola súa banda , a execución da Axenda Europea de Migración, en particular o referido ao deber de protección e a externalización do control migratorio, centrará a conferencia do catedrático de Oviedo Javier González Vega. Rematará o encontro con outra mesa de debate na que tamén participará a profesora da USC Isabel Lirola Delgado.

A xornada, dirixida polos profesores da USC Jorje Pueyo e Teresa Ponte, enmárcase nas Accións Jean Monnet da Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais e do Proxecto de investigación ‘A reforma da gobernanza pesqueira internacional e europea. Retos para o sector pesqueiro español. As persoas interesadas en asistir deben escribir un correo a elena.rodriguez [at] rai.usc.es (elena[dot]rodriguez[at]rai[dot]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2015.