O portavoz do Proxecto internacional Pierre Auger disertará en Física sobre a busca das partículas máis enerxéticas do universo
O portavoz do Proxecto Pierre Auger, o profesor da Universidade de Leeds Alan Watson, impartirá o vindeiro luns 3 unha charla coloquio na Facultade de Física baixo o título ‘A busca da orixe das partículas máis enerxéticas o Universo’. A sesión dará comezo ás 12:00 horas na Aula Magna do centro.
O profesor Watson, recentemente nomeado portavoz do experimento internacional de raios cósmicos Pierre Auger, disertará sobre a motivación científica deste experimento e os seus últimos resultados publicados na portada da prestixiosa revista Sciencie (mes de novembro de 2007).