Ir o contido principal

Novo prazo para participar no Programa de préstamo de bicicletas da USC

Novo prazo para participar no Programa de préstamo de bicicletas da USC
Novo prazo para participar no Programa de préstamo de bicicletas da USC

Por sétimo ano consecutivo, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC pon en marcha o programa de préstamo de bicicletas dirixido a todos os membros da comunidade universitaria tanto do campus de Lugo como de Santiago. En total cederanse gratuitamente preto de 250. O prazo para presentar solicitudes comeza este mércores 10 ás 9.00 horas e durará ata as 14.00 horas do día 24. Quen a desexe terá que cumprimentar o formulario que atopará no apartado ‘Como podo participar?’ do web do programa. O día de recollida da bicicleta xunto coa lista de persoas seleccionadas (por estrita orde de presentación) e de agarda faranse públicas na mesma páxina web. Na convocatoria do curso pasado 489 persoas solicitaron unha bicicleta. Deles, o 91% eran estudantes, o 3% persoal docente e investigador e o 3% persoal de administración e servizos. A Escola Politécnica Superior e a Facultade de Veterinaria de Lugo e a Facultade de Medicina e de Odontoloxía de Santiago foron os centros que maior demanda presentaron. Descontos para mercar bicicletas Ademais, a USC asinou un acordo con empresas subministradoras d localizadas nos dous campus para ofrecer distintas vantaxes e descontos en compra de bicicletas, materiais complementarios para os ciclistas, pezas e man de obra nos arranxos. As persoas interesadas deberán dirixirse a Bicicletas Oliveira, en Santiago de Compostela, e a MTC Bicicletas, en Lugo, e presentar a tarxeta universitaria. Accións do PDS O Programa de préstamo de bicicletas enmárcase nas diversas iniciativas nas que traballa a Oficina de Desenvolvemento Sostible para promover actuacións de mobilidade sostible nos campus universitarios. Entre as accións postas en marcha destaca o Programa Comparte Coche na USC que implica unha redución das emisións de CO2 e unha menor incidencia doutros problemas asociados ao tráfico como son a contaminación acústica ou a excesiva ocupación de espazos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.10.2012.